ASVIDAL.
UNIDADE ASISTENCIAL DE
TRATAMENTO DO ALCOHOLISMO

ASVIDAL.Segundo a Organización Mundial da Saúde, son alcohólicos/as aquelas persoas bebedoras excesivas nas que a dependencia do alcohol alcanza tal grao que dese lugar a claros transtornos psíquicos, complicacións somáticas ou a conflictos nas súas relacións interpersoais ou nas súas funcións sociais e laborais.

Non tódolas persoas alcohólicas teñen os mesmos trazos: certas persoas alcohólicas beben tódolos días e outras de forma episódica. Algunhas en gran cantidade, mentres que outras beben moi pouco.

Existen dificultades para iniciar un tratamento xa que o/a alcohólico/a está atrapado/a pola súa propia crenza de que se o intenta conseguirá atopar unha forma de controlarse e gozar da bebida.

ASVIDAL.IMPORTANTE

O consumo de alcohol é un uso común en máis do 96% da poboación.


En Galicia a porcentaxe de xente bebedora de risco oscila entre un 7 e un 12%. Galicia confírmase como unha zona de elevado consumo dentro do estado español. A continuación do País Vasco, é Vigo e a súa área onde maior consumo de alcohol se rexistra.

OBXECTIVOS

  • Diagnóstico e tratamento do/a enfermo/a alcohólico/a
  • Programas de rehabilitación e integración social
  • Coordinación de actividades preventivas na zona
  • Conexión e facilitación de asistencia hospitalaria
  • Actividades de investigación e docencia

 

MEDIOS

  • Unidade asistencial
  • Equipo multidisciplinar:
  • Psicólogas/os Clínicas/os
  • Médico
  • Traballadoras Sociais

 

CONTACTO

A Asociación Viguesa de Alcoholoxía, nacida en Xullo do ano 1983, é unha entidade privada, con carácter altruísta e sen fins lucrativos.

R/ Escultor Gregorio Fernández, 8 baixo
36204 Vigo
Teléfono: 986 22 62 69
info@alcoholasvidal.com

LOCALIZACIÓN

air max 2016 online baratas, nike air max 90 hyperfuse glow in the dark,tienda online nike air max 2014,nike air max yeezy 2   venta de zapatillas online baratas,comprar nike air max hombre españa,cheap nike free run 4.0 v2