ASVIDAL

Sorangel.gif (343 bytes)

ASVIDAL    Segundo a Organización Mundial da Saúde, son alcohólicos aqueles bebedores excesivos nos que a dependencia do alcohol alcanza tal grao que dese lugar a claros transtornos psíquicos, complicacións somáticas ou a conflictos nas súas relacións interpersoais ou nas súas funcións sociais e laborais.

    Non tódolos alcohólicos teñen os mesmos trazos: certos alcohólicos beben tódolos días e outros de forma episódica. Algúns en gran cantidade, mentres que outros beben moi pouco.

    Existen dificultades para iniciar un tratamento xa que o alcohólico está atrapado pola súa propia crenza de que se o intenta conseguirá atopar unha forma de controlarse e gozar da bebida

IMPORTANTE

O consumo de alcohol é un uso común en máis do 96% da poboación.

GALICIA

    En Galicia a porcentaxe de suxeitos bebedores de risco oscila entre un 7 e un 12%. Galicia  confírmase como unha zona de elevado consumo dentro do estado español. A continuación do País Vasco, é Vigo e a súa área onde maior consumo de alcohol se rexistra.

ASVIDAL

    A Asociación Viguesa de Alcoholoxía, nacida en Xullo do ano 1983, é unha entidade privada, con carácter altruísta e sen fins lucrativos.

OBXECTIVOS

MEDIOS

Recoñecida como Unidade Asistencial pola Xunta de Galicia.

É vostede o noso visitante nº:

Sorangem.gif (306 bytes)

Estamos á súa enteira disposición en:

UNIDADE DE TRATAMENTO DO ALCOHOLISMO
ASVIDAL
R/ Escultor Gregorio Fernández nº8 baixo.
Teléfono: 986 22 62 69
VIGO

Sorangel.gif (343 bytes)